top of page

ROMPO ESPELHOS COM O ROSTRO

(En pre-produción)

SINOPSE
O Axente 237, un espía portugués da OTAN, está a investigar ao goberno chinés no Delta do río das Perolas, onde hai unha base submarina de desenvolvemento tecnolóxico avanzado.
Leva anos traballando só, sempre de incógnito. sente incapaz de establecer unha relación real con ninguén, sente incapaz de ser el mesmo desde hai anos. Sente que sempre está a finxir, desaparecendo e é incapaz de conectar co resto.

Nunha das súas expedicións, atopa baixo o mar unha cámara preto da base, polo que decide mandala para ser investigada ao centro de operacións da OTAN. A cámara é un prototipo dunha famosa empresa de fotografía coa que están a comezar a traballar, é dicir, esa cámara aínda non existe, é un modelo en construción. Dentro dos arquivos da cámara só se atopan fotos do Axente 237 morto.

Tras un atentado en Lisboa e co fin de protexelo, mandan ao Axente 237 a Camelle, unha pequena parroquia de Galicia onde poderá estar vixiado. Alí, sen el sabelo, coñecerá a Lois, un terrorista galego da esquerda independentista con quen comezará unha historia de amor.

EQUIPO TÉCNICO

Breogán Torres-
Director, guionista

Víctor Soho -
Director, guionista, editor
Nico Nargual - 
Guionista, editor

INFORMACIÓN TÉCNICA

Duración -
15 minutos por capítulo / 5 capítulos en total

Xénero -
Ciencia ficción / Experimental

Idioma -
Portugués / Galego reintegrado

NI_CARTAZ_08_17022023 copia.jpg
NI_CARTAZ_07_10022023 copia.jpg
NI_CARTAZ_04_29122022 copia.jpg
NI_CARTAZ_06_10022023 copia.jpg
bottom of page