top of page
11.jpg
12.jpg
10.jpg
09.jpg
08.jpg
07.jpg
06.jpg
05.jpg
04.jpg
03.jpg
02.jpg

A hipercamuflaxe acolle as posibilidades de loitar e sobrevivir xunto ó inimigo, a retirada total dos sensores dos amigos e a disolución no inimigo: o renacemento dun novo rival.

 

Se a militarización non é un proceso do tempo da guerra, se ata a paz coma espazo en branco da ausencia de conflito entre as máquinas de guerra pode ser militarizada; non tomando vantaxe da paz coma unha suspensión explotable no tempo e un depósito para os procesos de militarización, senón a endomilitarización da paz en si mesma, como se a paz puidese ser usada coma un arma. A cousa de John Carpenter ilustra estre novo modo de guerra cuxas liñas tácticas xa non son aliñadas con (configuradas por) o plan do conflito, é dicir, non están organizadas para cortar, bloquear ou desprazarse entre elas baseadas nas súas tendencias / transorientacións e seus colectivos, pero diferentes aliñamentos (todos esencialmente dimensionais), necesitan dunha dinámica incompatible coma reforzo principal e matriz do seu compromiso conflitivo. A guerra favorita da Cousa é programar un novo conxunto de liñas tácticas que mestúrense totalmente coas liñas do inimigo nunha certa configuración na que introduzan unha inestabilidade radical e, eventualmente, fisións violentas:

 

Cada máquina de guerra ou liña táctica ocupa un nicho (sexa en tempo de guerra ou de paz), un espazo a través do cal só pode moverse, alimentarse e funcionar; non únicamente definido polas distintas propiedades dunha liña táctica ou unha máquina de guerra, tamén polos seus inimigos, a incompatibilidade de dinamismo doutras liñas tácticas, tipos ou depredadores, a exposición ós factores do entorno, súa soleira para recibir data do seu entorno, os tipos de data que recibe e as súas propensión o que persigue ou sonda (é un erro común atribuírlle fronteiras sólidas ou líquidas ós nichos, senón que os nichos reúnense alí onde unha entidade economiza unha porción do seu entorno e sobrevive / funciona nese espazo economizado [1]). Nun tempo dado, a entidade x ocupa unha dirección única [2] (ou unha compilación de direccións) coma r(x). Esta dirección está codificada e localizada aparte do nicho que as liñas tácticas ou as máquinas de guerra ocupan.   

 

As funcións dun nicho non son meramente disxuntivas e exclusivas (por exemplo, dirixindo competicións i.d. movementos selectivos que resultan en exclusión doutras porcións do entorno ou liñas de movemento), tamén unha conectividade. De feito, os nichos mobilizan as súas entidades ocupantes con dinamismo, asociándoas con outros nichos en función da accesibilidade necesaria para o movemento ó longo dunha tendencia ou un plano tanto coma compartilo con outros nichos e os seus habitantes. Deseñar ou recompoñer unha entidade. A programación dos seus nichos é a primeira operación básica; polo que, a importancia de investigar nichos ou tipo de nichos (máis que nichos simbólicos ou ocupantes) progresivamente incrementa o desenvolvemento e a emerxencia de novas liñas dinámicas, espazos de tráfico e planos de conxuncións comunicativas. O Estado e os seus dominios identifican os movementos (sexan cuantitativos – baseados no metrón – ou cualitativos) polo número de direccións que autentican, rexistran ou transmiten nos seus desprazamentos:

 

 

Para o Estado, o dinamismo orientado polas máquinas de guerra ou a forma na que as máquinas de guerra perpetúan súa liña itinerante só pode ser rastreado e etiquetado numericamente a través da lóxica dos límites, a programación dos sistemas de vivenda / aloxamento e (des)localizacións que o Estado é capaz de monitorizar. Mediante a vixilancia das fronteiras polas que pasan as entidades, investigando o efecto temporal sobre (ou a alteración sobre) as forzas territoriais que abandonan as entidades en movemento, o seu tipo de localización, e os seus comportamento a través de economía mereolóxica, o Estado pode fabricar un cogito que non só realice, senón que clasifique o movemento das entidades e do dinamismo das máquinas de guerra, en particular aquelas que non poden directamente que non pode ser aprehendido ou intuído directamente na súa inmoderada itinerancia polo Estado; este é o cogito necesario para a apropiación das máquinas de guerra baixo os protocolos e as formas militares do Estado. Vinculado á segmentación (semi)ríxida, ós límites dinámicos da forza, ás conexións baseadas na accesibilidade e as localizacións estáticas ou dinámicas (ou, máis concretamente, ás localizacións dentro ou fora do lugar), o Estado examina o espazo condutivo de cada entidade o seu dinamismo -correspondente a súa rexión territorial, funcional e mereolóxica- non só ler as características dunha entidade, tamén para localizala en (ou segundo a proximidade da entidade á) súa cuadrícula de dominio. O Estado e tódalas configuracións da Economía de Supervivencia rastrean ás entidades a través do nicho ou nichos (especialmente lendo o tipo de nicho) que a entidade habita ou poboa a través del. Para a vixilancia militar do Estado, investigar e rastrear ó nicho é tarefa primeira e central; a liña itinerante dunha entidade ou unha máquina de guerra, as súas comunicación e trazos funcionais son todos descifrados ó escudriñar o nicho e o seu tipo. As avanzadas máquinas de lectura do Estado son capaces de extraer a quididade dunha máquina de calor ou dunha entidade analizando as especificacións do nicho que está intrinsecamente ligado á accesibilidade, ás forzas dinámicas dos límites e os principios ecolóxicos.

 

Sexa coma sexa, coma os nichos son entidades-coma-eventos conectivas, non pertencen en exclusiva a unha entidade ou un inquilino. Entidades múltiples poden compartir un nicho ou nichos poden formar nichos aniñados (a forza territorial diminúe – nunca desaparece – en bonos de agrupación) ligándose uns cos outros, conectándose a varios modos. Os modos de conexión entre nichos principalmente divídense en dous tipos de correlacións asimétricas: a. Soporte/Abutment (A), b. Solapamento/Overlap (O)

 

(a) O Soporte é unha conexión externa, cun intercambio mínimo entre nichos ou entidades (a menos contaxiosa das conexións coma resultado da súa tendencia á disociación); está demarcada pola inmediata conexión antes do solapamento e despois da conxunción, seu contacto tanxencial e solapamento dos límites. Unha vez a fronteira da defensa do Estado e o límite continuamente erosionado polos movementos imprudentes das mareas ou da deriva (omni-direccionalmente contrastadas co movemento predominante do pseudo-fluxo de transportes do Estado e os desprazamentos rexionais) de máquinas de guerra nómades, mais agora coa emerxencia do simbiótico e as guerra manipulativas e os procesos de militarización encuberta, por un lado, e as economías avanzadas baseadas na accesibilidade cara á acomodación do exterior, por outro (enraizado en ambas maneiras, introducindo factores climatolóxicos territoriais ó dinamismo dos paquetes nómades e desenvolvendo novos modos de supervivencia), a importancia operacional deste modo de conexión (Soporte) foi significativamente caendo. Agora, o estado sabe ben como salvar as súas fundacións incluso reunindo rexións susceptibles da erosión das máquinas de guerra nómades.

 

Nunha conexión tipificada      pode ser mapeada no plano eculídeo      como

                                                         

 

                                                                (x abuts y)

 

Xa que este modo de conexión enlaza entidades nun plano tanxencial (confinium), o estado pode resistir de forma efectiva calquera chegada dunha máquina de guerra nómade no seu modo de conexión co mínimo dano por desgaste dos seus interiores críticos (plan de loxística e liñas de comando), o Estado busca canalizar todo o dano acumulativo inducido polas máquinas nómades (coma o postulado obtuso do perigo) na súa conexión para desviar calquera ameaza fundamentalmente contaxiosa para á distribución (e recuperación) eliminando procesos que poidan ser programas para transportar fóra ó Estado dos seus ríxidos segmentarismo e prolongándoo no modo fluxional á maneira dunha maquina abrasiva do fluvius que erosiona o sólido para transportalo polos campos vectoriais dinámicos conservativos dos procesos sedimentarios – capturando a fecundidade do detrimento.  Coas máquinas de guerra rilando incansablemente o textum do Estando, incidindo e liquidando seus nítidos límites, o Estado comeza a filtrar, mais iso non só expresa o colapso do Estado, tamén a exposición das máquinas de guerra nómades á retícula subxacente sobre a que o Estado ensámblase e sostén seu espazo entrelazado, unha rede de procesos de enraizamento que incluso os nómades utilizan para orquestrar seus corpos itinerantes ás variables e constantes climatolóxicas. Instalando o borde operacional das máquinas de guerra nómades no Estado na súa ausencia de máquinas de desarme (incapacitando a economía dominante do grund) é similar ós casos dunha prematura liña de desterritorialización que facilita o establecemento non convencional dos novos Estados inmunolóxicamente reforzados. A historia persa durante un longo período de tempo (dende os aqueménidas ata a dinastía Qatar (1779-1925), máis de douscentos anos), aínda así máis Estados inestables que inflixen pobreza político-económica, inclinación a ser colonizados por outros Estados, falta de sistema de nervioso autónomo e polarización das diferentes poboacións sen posibilidade de diversificarse positivamente.

 

(b) Solapamento:

Se P significa parthood e O por solapamento/overlap:

Calquera participación (methexis ou participación-base) ocorre a través de conexións de solapamento. Aínda que a meirande das conexións combinadas (tanxencial, parthood, interior, etc) son efectuadas dende diferentes posibilidades que o solapamento educa entre entidades. O solapamento debuxa liñas de coincidencia entre dous eventos ou entidades compartindo unha dirección entre dous entidades parcial ou completamente tomadas nunha rexión funcional ou espazo-temporal. Ambas aproximacións do Estado e as insurreccións contra-estatais pasan por este modo de conexión, mentres que explotable polo Estado ou accesible non significa que o “solapamento” non poida ser a principal fonte das insurreccións xa que é o principal dominio-conexión a través do que as máquinas de guerra marchan das súas externalidades de bordes erosionados e, directamente, chegan directamente á rede do Estado para seren especializados polo aparato estatal e reinventados coma entidades contaxiosas, endo-simbióticas e parasitarias que coinciden co Estado e as súas maquinas e, en consecuencia, obteñen unha ampla gama de funcións clandestinas e manipuladoras.

 

 

Nun plano máis técnico, tódalas explotacións camouflage son esencialmente consistentes porque están involucradas no uso do “solapamento” e volvéndose dun modo de conexión a unha posición política e operacional que viola tanto a simetría dun nicho coa dirección que escribe (programa) para unha entidade, coma as división que separan e discriminan as direccións ou nichos de dúas entidades nunhas coordenadas espazo-temporais. De calquera forma, esta violación (que precisa dunha activación da camuflaxe) non pode permanecer durable e sen cambios, porque as camuflaxes militares / de depredadores sempre usan solapamento parcial, cunha parte constantemente accesible “coma non camuflada” (tanto pertencendo á camuflaxe da entidade x ou a entidade y na que suponse esta solapando [3]) que non só fai posible o rastrexo e a propulsión (manexo táctico) da entidade camuflada, mais tamén provee á entidade camuflada cunha ruta de escape ou un espazo para a evacuación inmediata e a retirada da posición camuflada. Esta parte de “non camuflaxe” ou “non solapamento” impide que a camuflaxe sexa duradeiro ou pase constantemente sen detectar. Tódolos tipos de camuflaxe debuxan unha función disruptiva da parte solapada (que, principalmente, ocorre nun nivel fragmentado) conducindo a dirección ou nicho doutra entidade á entidade camuflada e, consecuentemente, interrompendo a correlación mereolóxica que traballa en conexión co que podería ser camuflaxe. Estas disrupcións (que xeralmente sinala un punto de referencia ou unha ligazón de referencia) pode producir fallos cognitivos tanto coma a subversión dalgúns vínculos ambientais específicos que atravesan tanto á entidade camuflada coma o seu obxecto ou presa. A camuflaxe en movemento usa un tipo particular de táctica dinámica nos casos nos que a presa tamén está en movemento. O movemento do shadower (aquel que produce sombra) ou do depredador camuflado prodúcese nunha traxectoria de persecución caótica; o movemento pódese modelar proxectando as súas curvas de persecución no atractor de Rössler) ou solapamento dinámico para interromper a súa distancia e os seus desprazamentos do depredador (o shadower) movendo o camiño que conéctao a un punto fixado (usado polo que produce sombra coma punto de referencia – un vector de unidade constante) mentres que o movemento do obxectivo é coñecido polo movemento do agresor. Na camuflaxe en movemento, o shadower permanece estacionario do obxectivo. Na camuflaxe militar máis común que está disfrazado por obxectos que o cobren (soldados, vehículos, artillería, etc) con Materiais de Patróns Disruptivos, a disrupción ocorre a través das modificacións da superficie onde órganos de sensores visuais céntrase nas referencias vínculos entre distintos tipos de patróns de superficie no espazo do seu arredor. Invisibilidade (coma unha retirada dos sensores visuais), tamén aplícase e modifica o solapamento parcial coma unha oclusión escurecendo as superficies, interiorizando, localizando a entidade camuflada (fichada) onde crúzanse os límites (escurecendo os límites), etc. O principal inconveniente da máquina de guerra invisible é ser rastrexado polos réximes semióticos do Estado que están obsesionados co que pérdese (o rastrexo con coordenadas perdidas) que co que existe.

 

Coma resultado dun solapamento parcial, todas as disrupcións e subversións dos lazos mereolóxicos están sometidos a unha revelación eventual; e, cada vez que unha camuflaxe é descuberta, perde progresivamente o seu potencial. Calquera entidade que utilice unha camuflaxe deste tipo será máis propensa a ser detectada e a anticiparse ás contramedidas do que soe ser; isto é un síntoma das conexións entre superposición parcial e a “localización” que aínda non foi incapacitada funcionalmente e borrada de maneira espacial. Esta é a razón pola que a camuflaxe é dificilmente aplicable coma unha acción primaria ou unha táctica ofensiva, mais, principalmente, coma un proceso loxístico ou un desorde do espazo de transición entre as diferentes liñas tácticas e operativas. As características transitorias e as estritas restricións operativas (funcionalmente activas en localizacións concretas) obstaculizan o armamento radical da camuflaxe.

 

A Cousa no filme de John Carpenter presenta un novo tipo de camuflaxe entidade-coma-evento que, de maneira inherente, golpea a calquera comunidade invertendo o proceso mesmo que utiliza para ensamblarse, mediante a intercomunicación enlazada de “nichos” e as entidades que acomódanse ou pasan. Se a camuflaxe é configurada programando un solapamento parcial e unha disrupción parcial e as reciprocidades mereolóxicas do ambiente cun nicho, entón o que ocorre se unha entidade ou un nicho solapa, completamente, outro sen ningunha parte de si mesmo o do obxectivo destapado, ou, noutras palabras, calquera condición, rexión ou función de X corresponde exactamente coa mesma condición, rexión ou función de Y (e vice versa) a través de vínculos reflexivos e simétricos?

 

A Cousa non ocupa un nicho a través da cal unha entidade habita, empuxa a conexión a un completo solapamento con campos inquebrantables de conexión e correspondencia. Para a Cousa, a ocupación non é un fin militar, nin unha táctica; xa que ocupación é localización exclusiva atada ós mapeos da co-localización, o ocupante é vulnerable ás forzas do entorno; pode ser facilmente distinguido, localizado, illado e, finalmente, terminado; é dicir, desfeito ó mínimo coste de desgaste do seu entorno. Tomando un solapamento completo, a Cousa desencadea un panorama (preparado para unha multiplicidade de tácticas de enxeñeira) político que remite ó Jihadi baixo Taghieh (taqiyya):

 

Supervivencia Disruptiva. Nun solapamento completo, cada rexión, función ou parte da Cousa (X) pode corresponderse coa súa rexión, función ou parte da presa idéntica (Y). Por tanto, se cada x homologa o seu corresponde Y ou, máis precisamente, se cada X corresponde ó seu Y en tódolos niveis, entón cada función de X (que é o movemento táctico da Cousa) pode ser transferida para Y. As finais dimensións criminais deste panorama desdóbranse cando este proceso é invertido; se cada x cumpre o seu correspondente y, entón, a través do espazo correspondente que o solapamento completa proporciona, tomando cada y (cada función ou posición de y que se concentra principalmente na supervivencia) pode ser transferido para o seu correspondente x e eventualmente cumprilo. Ó aprehender calquera y, un x correspondente é desencadeado e disimuladamente liberado e unha vez que é a superposición completa, a supervivencia e as comunicacións de Y desdobran, activan e compren o corpo politécnico de X, a Cousa. Agora que a supervivencia da presa encontra completamente o entusiasmo sinistro da Cousa, e a paz é xeralmente concibida coma o estado de supervivencia colectiva, entón a supervivencia tanto da Cousa coma presa non é máis do que a endo-militarización da paz, reciclando o complexo de supervivencia da paz coma unha arma hipercamuflada de grado A.

 

(Lonxe de ser unha mera camuflaxe a ser destapada a medida que se remove a máscara, desvela e volta ó seu estado orixinal, o espazo de solapamento competo ten un efecto secundario perverso irrecuperable; unha vez que o solapamento é completo, non hai espazo de extensión (nin de X nin de Y) para o ambiente exterior. Unha vez concluído o proceso de solapamento, a ruta de escape mereolóxica ou a dimensión de recuperación e pechada sobre si mesma. Calquera tentativa de saír é levada a cabo a través dunha cadea de hipercamuflaxes (inconsistente coas topografías mereolóxicas de saída e chegada) coas outras entidades sen separarse de Y. No filme de John Carpenter, a retirada da Cousa é unha serie de insuficiencias en tódolos nichos que xa atopou, recomposicións continuas das entidades que tocou, de modo a que nada sexa deixado para atrás; comprimindo tódolos vestixios de ocorrencia e interrupción.)

 

Agora que a supervivencia, as comunicacións e os modos de ligazón de Y  a través e con o seu ambiente son as propias tácticas politizadas da Cousa (a mera existencia da presa é toda armada), non é o nicho da entidade Y que é sabotado, mais o tipo de nicho en que Y reside. Así que o tipo de nicho é contaminado e recomposto polo corpo político da Cousa, cada entidade que vive a través dese tipo de nicho (dende que é detectado coma unha configuración inválida ó seu redor) é o potencial vector epidémico da Cousa. De feito, é “vivo” asociado (e volto posible) a ese tipo de nicho que é trazado coma un evento político emerxente (e en funcionamento) a partir da multiplicidade táctica da Cousa. Calquera programa político que engada a este tipo de nichos contaminados irá atopándose en apuros, xa a cheirar mal na Guerra Branca, rastrexando da quietude represiva da paz e da realidade precaria dos seus nichos. Trancando na hipercamuflaxe da Cousa, vivindo coma consecuencia da mutualidade e, agora, coma unha arma multifuncional que visa tanto a entidade viva coma o seu medio ambiente, minando tódalas interaccións mereolóxicas a través das cales a entidade é mobilizada dentro dun colectivo e a comunidade ou o Estado reúnense, desenvolvendo de participacións económicas (oscilando entre a atracción e a repulsión) entre entidades. A Guerra Branca (a paz hipercamuflada, endo-militarizada) dilúese dentro do Estado, non correndo nos seus límites. A Guerra Branca é interna ó Estado, é necesaria por aquelo que ofrece ó Estado a oportunidade de existir. As máquinas de guerra da Guerra Branca, ó contrario das máquinas de guerra nómades; érguense do Estado e derrámanse para ó exterior, partillando máis puntos comúns coas fundacións do Estado do que as súas propias maquinarias para afirmar o completo solapamento e asegurar o xurdimento e a deflagración do Evento Político (a Cousa, supervivencia política...).

 

Paranoia e medo son o epifenómeno da operación da Cousa, non as súas armas; o primeiro proceso da Cousa é minar tódolos niveis mereolóxicos de comunicación (incapacitando o Todo) e volvendo tódolos espazos políticos e económicos que o Estado usa para sobrevivir de dentro para fóra, atacando o que está fundamentalmente exposto e pasado do que é supostamente crítico.

 

 

A liña de comando é onde a néboa-de-guerra é reducido ó seu mínimo, a Cousa canaliza a néboa para o espazo que as liñas de comando ocupan.  Na secuencia do corpo político da Cousa e da diminución da posibilidade crítica da fronteira, a táctica máis temida da Cousa ou dun Takfiri baixo Taghieh é necesariamente desligada das tácticas convencionais de guerrilla de “atropelo e fuga” ou de movemento en enxame das máquinas de guerra nómades, ela deriva do espazo difuso da Guerra Branca: de acordo coas divisións militares do Estado e coas máquinas de guerra nómades, non é etiquetada coma táctica, unha vez que na realidade é unha función neutra e impotente de Y (a presa) correspondente a unha diverxencia política da Cousa (X). Feita a partir do límite aparentemente confuso da Guerra Branca, esta táctica consiste simplemente en esperar (sen outro obxectivo que non sexa a enxeñería de posibilidades) e sobrevivir. Tal coma foi elaborado previamente, programa unha comunidade, un estado ou toda unha civilización a considerar a supervivencia das súas entidades coma a operación política da Cousa e, consecuentemente, a comezar a massificar as súas entidades, desmontando o tipo de nicho que da a certas entidades a posibilidade de sobreviviren e de se ligaren unhas as outras. Unha vez descuberto o perigo radical da Cousa (isto é, a súa supervivencia política), a comunidade pasa por un proceso de militarización para procurar e destruír o tipo de nichos a través dos cales esa supervivencia política (que se establece coma a supervivencia da entidade Y) pode ser mantida; isto introduce simúlamete a comunidade ó auto-colapso e trae unha pesada cantidade de danos colaterais para as comunidades aliadas coa comunidade absorbida para a Guerra Branca. Ó contrario da camuflaxe, cada vez que a Cousa (a correspondencia abismal entre X e Y) é revelada, a hipercamuflaxe ramifícase en direccións máis corruptas, pois demostra que todo o tipo de nicho é vulnerable e escóndese coma unha máquina de guerra de reprodución espacial da Guerra Branca. O aumento da diverxencia epidémica da Cousa (isto é, a súa difusión) aumenta os procesos de militarización dos Estados na Guerra Branca. A difusión alimenta a escalada da difusión alimenta a escalada da difusión, ad infinitum. Cal é o camiño máis expedito para o non vivir da guerra? – Unha draco-spiral.

 

O Estado protéxese sacrificando os seus nichos e entidades montadoras; o sacrificio é executado por negación, exclusión e marxinalización, descartando o perigo coma un solitario localizable, ou un individuo edipián illado (apropiado como obxectivo, pronto a ser terminado con o mínimo de danos colaterais); con todo, na Guerra Branca da Cousa, este sacrificio é unha auto-abxección perversa en dirección á liquidación final do Estado. A politización da Guerra Branca é levada a cabo e utilizada por parias, solitarios e tódalas outras entidades dispensables que agora se remontan coma terroristas expondo a vulnerabilidade do tipo de nicho que ocupan. A politización da Guerra Branca non ven nun paquete, mais ven mobilizada por un Can, viaxando soíño para ser estratexicamente descartado e exposto.

 

 

 

 

 

 

 

 

NOTAS

[1] De feito, algúns sistema de monitorización  concéntranse, basicamente, en nichos con fiat e límites difusos para rastrexar e orientar ós seus ocupantes (inquilinos). Os sistemas de control de tráfico aéreo analizan constantemente o volume de espazo aéreo protexido ou restrinxido -- definindo un circumespazo ou o volume que envolve un obxecto voador –para evitar colisións, sistemas de alerta e translocacións de aeronaves. O volume do espazo aéreo protexido é un termo modificado para nicho na xestión de tráfico, unha simulación do nicho que existe nas aves voadoras ou migradoras.

 

[2] Esta singularidade é caracterizada polas propiedades / características definitivas que o enderezo atribúe a unha entidade no espazo-tempo, mais ter un enderezo non significa ser o propietario exclusivo da mesma.

 

 [3] Un exemplo cando a parte “non camuflada” ou “non solapada” pertence a x:

(Nunha ligazón tipificada)

x solapacións adecuadas y

 

Ou cando pertence a y:

x solápase internamente y

NOTA DO TRADUTOR: 
Este texto foi publicado por primeira vez o 17 de abril de 2005, na extinta web de Hyperstition. Todos os dereitos son dese blogue e do propio Reza Negarestani.

 

bottom of page